silvinaorienta |
Posted: 07 Feb 2018 07:49 AM PST
Publicouse o Borrador da Orde de 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional para o ano 2018 Prazos de inscripción e datas de realización Probas de acceso a ciclos de grao medio: Inscripción: Do 12 ao 23 de marzo de 2018 Data de realización: 31 de maio de 2018 Probas de acceso a ciclos de grao superior: Inscripción: Do 8 ao 23 de febreiro de 2018 Data de realización: 19 de abril de 2018 Calendario con todas as datas Requisitos grao medio: Ter cumpridos dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba Non cumprir os requisitos académicos de acceso directo aos ciclos formativos de grao medio Lugar de matrícula: a) calquera centro que teña ciclos de formación profesional
b) vía on line desde a plataforma da xunta (www.edu.xunta.es/fp) cubrindo o formulario ED312C (dispoñible a partir da data de inscrición tamén na sede electrónica da xunta sede.xunta.gal). En todo caso, haberá que imprimir o resguardo e entregalo na secretaría dun centro que oferte ciclos.
Requisitos grao superior: Ter cumpridos dezanove anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba Non cumprir os requisitos académicos de acceso directo aos ciclos formativos de grao superior Lugar de matrícula: a) calquera centro que teña ciclos de formación profesional
b) vía on line desde a plataforma da xunta (www.edu.xunta.es/fp) cubrindo o formulario ED312D (dispoñible a partir da data de inscrición tamén na sede electrónica da xunta sede.xunta.gal). En todo caso, haberá que imprimir o resguardo e entregalo na secretaría dun centro que oferte ciclos.
Ciclos medios. Estrutura da proba Divídese en tres partes: a) Sociolingüística: Lingua Galega, Lingua Castelá e Ciencias Sociais b) Matemática: Matemáticas c) Científico-Tecnolóxica: Ciencias da Natureza e Tecnoloxía Horario exame día 31 de maio: Ás 9:00 horas: presentación De 10:00 a 13:00 horas: parte matemática e sociolingüística De 16:00 a 18.00 horas: parte científico-tecnolóxica Ciclos superiores. Estrutura da proba a) Parte común: Lingua Galega, Lingua Castelá e Matemáticas b) Parte específica: 3 opcións, A, B e C en función do ciclo formativo ao que se desexa acceder. En cada opción escoller dúas materias. -Opción A: Economía da empresa, Lingua Estranxeira e Filosofía -Opción B: Debuxo Técnico, Tecnoloxía Industrial e Física -Opción C: Ciencias da Terra e Ambientais, Química e Bioloxía Horario exame 19 de abril: Ás 9:00 horas: presentación De 10 a 13:30 horas: parte común De 16 a 18:30: parte específica Modelos de exames: Probas de acceso a grao medio Probas de acceso a grao superior Acceso á nota informativa grao medio Acceso á nota informativa grao superior Enlace coa web da Consellería |
You are subscribed to email updates from Silvina Paricio orienta. To stop receiving these emails, you may unsubscribe now. | Email delivery powered by Google |
Google, 1600 Amphitheatre Parkway, Mountain View, CA 94043, United States |
No hay comentarios:
Publicar un comentario