jueves, 1 de marzo de 2018

OTRA FORMA DE HACER EDUCACIÓN



innovarteinfantil publicó:" En Ames é xa unha tradición consolidada celebrar o día do nacemento de Rosalía de Castro con toda a veciñanza xa que, a máis de ser unha figura senlleira en Galicia, a poetisa pasou uns anos da súa infancia nunha aldea do concello, no lugar do Castro en "
Responder a esta entrada realizando el comentario sobre esta línea

Entrada nueva en InnovArte Educación Infantil Español

Ames con Rosalía

por innovarteinfantil
cartaz acto rosalia
En Ames é xa unha tradición consolidada celebrar o día do nacemento de Rosalía de Castro con toda a veciñanza xa que,
a máis de ser unha figura senlleira en Galicia, a poetisa pasou uns anos da súa infancia nunha aldea do concello, no lugar do Castro en Ortoño, onde andando no tempo se fundou o Seminario de Estudos Galegos, así a visita a O Castro figura na Ruta Rosaliana. E isto é algo que moita xente descoñece, mesmo na propia localidade emporiso este ano quíxose que a celebración dera a coñecer ese dato, máxime cando estamos a falar dun concello no que se asentan moitas familias procedentes de fóra.

Así, co lema "Rosalía tamén vive aquí" todos os escolares de Ames exporán nos portais das súas vivendas un cartel no que se fai referencia ao paso da poetisa por Ames xunto con un poema escolmado polo alumnado de cada unha das unidades dos centros de infantil e primaria, para lembrar que Rosalía aínda vive nas nosas casas, lingua e corazón, en parte, grazas a todo o traballo que se fai dende as escolas. Segundo o EDNL da EEI Milladoiro, quen promoveu a iniciativa, trátase en definitiva de traspasar o ámbito escolar irradiando cara as comunidades veciñais.
A proxección das iniciativas escolares na comunidade é algo do que nunca se dimensiona ben o seu alcance, pero "Ames con Rosalía" compleméntase con outras accións -promovidas todas polo Equipo de Normalización Lingüística- como son:
- "Café con verso", no que os establecementos hostaleiros acompañan as consumicións cunha tarxetiña con versos de Rosalía escolmados polos grupos de mozos/as do IES de Bertamiráns coordinados polo escritor Carlos Negro.
-"Escaparates con Rosalía" Os escaparates dos establecementos amesáns lucirán unha selección de textos de Rosalía de Castro realizada por Dolores Vilavedra Fernández, unha das máis prestixiosas estudosas da obra rosaliana e veciña de Ames.
12744441_1518972125072506_8677081682876917659_n - copia
- "Paseando con Rosalía", coa que algúns dos pasos de peóns do Milladoiro e Bertamiráns lucirán versos da autora.
-"Viaxando con Rosalía" O sábado, 10 de marzo, realizarase unha excursión poética coa escritora María López Sández quen nos achegará á  vida da homenaxeada e á súa obra.
Todo isto, redondéase cunha homenaxe poética musical o día 24 de febreiro que contará con lecturas, dramatizacións, videocreacións e coa actuación musical do Sonia Lebedynski Trío. No acto participarán o alumnado dos centros escolares de Ames, representantes de asociacións e do ámbito cultural, así como veciñas e veciños procedentes doutros países.
cartaz acto rosalia (1)
O obxectivo principal de "Ames con Rosalía  é o de difundir a obra e o pensamento rosaliano, ao tempo que se pon en valor a lingua galega e se resalta a vixencia e a actualidade de Rosalía de Castro, así, malia que é ben sabido que InnovArte non é de "Días de…", neste caso cremos que paga a pena implicarse nunha celebración que congrega ao seu redor a todos os ámbitos da sociedade local.

innovarteinfantil | 23/02/2018 en 18:58 | Categorías: Sin categoría | URL: https://wp.me/pYgj5-1VN
Comentario    Ver todos los comentarios
Cancelar la suscripción para no recibir entradas de InnovArte Educación Infantil Español.
Modifica los ajustes de tu correo electrónico en Administrar suscripciones.
¿Tienes problemas haciendo clic? Copia y pega esta URL en tu navegador:
https://innovarteinfantilesp.wordpress.com/2018/02/23/ames-con-rosalia/


No hay comentarios:

Publicar un comentario

ENTRADA QUE HAY QUE LEER, MIRAR.......

HK & Les Saltimbanks - "On lâche rien"